Este domingo 9 de marzo celebrarase un novo Mercado do Souto, no pavillón polideportivo de Cervo, entre as 10.00 e as 14.00 horas impulsado pola Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco co obxectivo de poñer en contacto vendedores e consumidores para dinamizar o comercio local e dar a coñecer a produción da zona. Haberá postos de produtos da horta, artesanía en coiro, xabóns artesanais, pastas, pan, sementes e produtos locais. Pero continúan coa celebración do Antroido e entregarán papeletas nos postos de venda do mercado para entrar no sorteo dunha cesta de productos típicos.