Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda Quincena do Mar na hostalería do porto de Ribadeo

140314 Foto quincena del mar (2)Ribadeo, 27 de marzo de 2014.- Nos tres restaurantes situados no porto ribadense de Porcillán (La Solana, Marinero e San Miguel) segue ata o 30 de marzo a segunda Quincena do Mar. Ditos establecementos ofertan unha carta especial con racións a 6 euros, pratos desde 17 euros e un menú degustación con tres aperitivos, un prato principal, postre, pan e bodega por 25 euros, todo isto con peixes y mariscos. En cada ún dos establecementos as propostas serán diferentes.

A segunda edición da Quincena do Mar está resultando un éxito, sobre todo durante as fins de semana. Son moitas as persoas que se achegan a saborear as propostas desta cita gastronómica, que se ve aderezada coas vistas das que poden disfrutar os que acoden ó porto ribadense: as embarcacións, a ría, o paseo marítimo…

Na Quincena do Mar exáltanse os peixes e mariscos do Cantábrico: mexillóns, xarda, luras, anchoas, rape, navallas, pescada, polbo, entre outros produtos do mar.

Exit mobile version