LUGO, 19 DE MARZO.- O secretario provincial –Juan Carlos González Santín-, o senador por Lugo –Ricardo Varela-, e o voceiro de pensións na Cámara Alta –Francisco Martínez-Aldama-, mantiveron este mércores unha reunión con representantes do colectivo de pensionistas da provincia para analizar e explicar como lle vai afectar a estas persoas a reforma imposta polo Goberno Central. Concretamente, a nova medida do Executivo de Rajoy suporá, en contraposición co 27% gañado durante o último período de goberno do PSOE, un empobrecemento do poder adquisitivo deste colectivo de entre o 16 e o 20% nos próximos dez anos.
Ante este drástico recorte, que vai en detrimento “do peto dos cidadáns”, os senadores socialistas elexiron Lugo para iniciar o programa de reunións territorializadas que levarán a cabo co fin de explicar aos afectados as consecuencias da medida, así como o traballo levado a cabo polo Partido Socialista neste eido.
A provincia, a febreiro de 2014, e segundo os datos publicados pola Seguridade Social, conta con 119.767 pensionistas, e a pensión media é de 645,97 euros. Por tanto, coa reforma, cada xubilado deixará de percibir na próxima década 8.400 euros. Se a isto se lle engade, tal e como explicou Ricardo Varela, que “Lugo es, con Ourense, la provincia de España con las pensiones más bajas (717 euros es la media de Galicia y 975 la estatal), una decisión unilateral como la que toma el Partido Popular de romper el Pacto de Toledo tiene unos efectos desastrosos para nuestra economía provincial”.
E é que co incremento do 0,25%, “y que el Gobierno vende como el aseguramiento del aumento de las pensiones, se está ocultando que estas prestaciones van a subir menos que la vida, es decir, van a bajar”. Por este motivo, criticaron que o Partido Popular sempre acuse ao PSOE de conxelar as pensións, xa que ”si hai algún sitio donde esto sea falso es en la provincia de Lugo porque, durante los siete años del gobierno anterior, estas subieron un 27%. Por tanto, el Partido Socialista cumplió con los pensionistas”.
Así mesmo, Martínez-Aldama precisou que, nos últimos 30 anos, estas prestacións subiron un 80%. Desta porcentaxe, o 75%, foi durante os diferentes mandatos do PSOE e, o 5%, durante os do Partido Popular.
“Una mentira más”
O Executivo estatal fala de reforma nesta materia, indicou o senador rioxano, “ponidendo encima de la mesa una mentira más. Rajoy se comprometió, públicamente, a no aplicar la tijera a la Sanidad, a la Educación y a las pensiones, y tocó las tres. Es el recorte máis grande de la historia de la democracia española”, afirmou.
Concretamente, o Goberno “se cargó el IPC para revalorizalas y, cada vez que la vida suba por encima del 0,25% anunciado, se va a perder poder adquisitivo. Sin más, el Gobierno en los presupuestos para este año prevé que la inflación aumente un 1,5%, las pensiones el 0,25%, es decir, ya se ha perdido el 1,25%”. Esta circunstancia repercutirá nas prestacións futuras e presentes, de tal xeito que, no primeiro dos casos, coa introdución do factor de sostibilidade, as mulleres son as que saen máis prexudicadas, pois traballaron menos tempo e con salarios máis baixos.
Asimesmo, a reforma afecta ás pensións presentes, pois segundo o documento enviado a Bruxelas, indícase que, entre 2014 e 2022, os pensionistas, no caso de que a inflación sexa do 1% perderán 33.000 millóns de euros. Pola contra, se esta sube ao 2% ou ao 3%, a cantidade que deixarán de percibir será 66.000 millóns, no primeiro caso, e de 100.000 millóns, no segundo.
Por este motivo, Francisco Martínez-Aldama puntualizou que, con esta medida, o que pretende o Executivo é favorecer os plans de pensións privados, tal e como quedou refrendado, asegura, na proposta de reforma fiscal presentada estes días.
“Esta es la política social del Sr. Rajoy”
“Esta es la política social del señor Rajoy, la que ataca a los indefensos”, destacou Ricardo Varela. E é que, o Goberno do PSOE, atopouse cunha hucha das pensións con 15.000 millóns de euros, “y la ido llenando” con sucesivas aportacións, ata deixala con 67.000 millóns. “Nunca se sacó nin un sólo céntimo de ella, durante los 4 años de intesa crisis que nos ha tocadao gestionar”, destacou o senador.
En só dous anos (2012 e 2013), Rajoy retirou máis de 18.000 millóns de euros deste sistema; máis da cuarta parte do total. De seguir así, ao final do mandato, o Fondo quedaría reducido á metade. Por outra banda, o Presiden do Goberno atopouse o Fondo de Prevención da Seguridade Social con 4.900 millóns de euros, “algo que pouco lle durou, xa que en setembro de 2012, deixouno practicamente baleiro, ao retirar 4.400 millóns”.
Por tanto, asegurou o senador da Rioxa, “es una falacia del Gobierno decir que la Seguridad Social ha quedado en banca rota”, pois o PSOE, en 2011, só tiña un déficit do 0,07% nesta partida, é dicir, 700 millóns de euros; mentras que, en 2013, este cifra situouse nos 13.000 millóns e, en 2014,nos 18.000 millóns. “Es decir, el Gobierno de Rajoy ha multiplicado por 20 la herencia que le dejamos los socialistas”, afirmou.