Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas acusan ao PP de renunciar a garantir as condicións hixiénico-sanitarias do peixe e marisco importado de fóra da UE

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 14. A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Marisol Soneira, lamentou este mércores a renuncia expresa do PP a garantir as condicións hixiénico sanitarias, socio laborais e medioambientais na extracción e elaboración de peixe e marisco importado de países fora da UE.

Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha proposición non de Lei presentada polos socialistas galegos na Comisión de Asuntos Europeos para instar á Xunta a que defenda, diante da UE, o Estado e os foros internacionais, a imposición destas condicións nos tratados ou acordos comunitarios con terceiros países en materia de pesca.

Soneira salientou que os tratados con terceiros “case sempre supoñen agravios para o sector, nomeadamente para o da pesca”, que ten que asumir normas moi restritivas na elaboración e transformación produtiva “e acaban entrando conservas de terceiros países con distintos controis e garantías e con condicións laborais lamentables”.

Instou ao goberno galego a que “lle diga á UE que cando asine un convenio ten que ser entre iguais, ou do contrario estaremos promovendo peores condicións laborais ou animando ás empresas europeas a crear empresas en países con outra lexislación laboral”. Salientou os casos de barcos con bandeiras doutros países e só un tripulante europeo “mentres o resto é un barco infame con condicións laborais infames”.

Lamentou o desinterese do PP para pedirlle ao goberno galego que impoña estas condicións en calquera foro internacional porque “non sabemos si os países que importan manteñen ao seu persoal en condicións de escravismo, nin si respectan os dereitos laborais, ou mesmo si os criterios científicos cos que avalían os seus produtos son homologables aos nosos”.

Iniciativa
Os socialistas reclamaban en concreto que os tratados ou acordos da UE con terceiros países en materia de pesca estiveran condicionados ao cumprimento de normas equiparables ás da UE en materia hixiénico sanitaria, socio laboral e medio ambiental ou á defensa dos dereitos laborais, equiparables aos imperantes na UE.

Tamén reclamou o deseño de mecanismos de investigación e avaliación dos recursos pesqueiros obxecto do tratado ou acordo que sexan obxectivos, veraces e homologados internacionalmente, para facilitar o coñecemento dos mesmos e permitan a súa explotación racional e sostible, así como establecer mecanismos de penalización para os casos de incumprimento de todos ou parte deste principios.

Exit mobile version