Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente inicia novas obras para reparar os danos causados polos temporais

26 de marzo de 2014.- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), a través da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, pon en marcha, ó longo desta semana, novas obras para reparar os danos causados polos temporais nos termos municipais de Noia, Ferrol, Porto do Son, Cangas do Morrazo, illa de Arousa, O Grove, Foz e O Vicedo (Galicia), de Ribadesella, Carreño, Tapia, Castropol e Llanes (Asturias), de Santander (Cantabria) e de Muskiz, Zierbana e Mundaka (País Basco).

Estas actuacións forman parte do conxunto das previstas para a costa norte de España que se viu afectada polos temporais e cuxa execución compete facer ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, no marco do Real Decreto Lei aprobado polo Consello de Ministros o pasado venres 21 de febreiro, cun orzamento de preto de 44 millóns de euros.

Desde o pasado luns día 24 e ata o venres día 28 póñense en marcha as seguintes actuacións (o prazo de finalización é aproximado):

GALICIA
A Coruña

-Noia. Reparación de avería no paseo da praia de Boa. Reconstrución e consolidación das pasarelas de acceso á praia. Orzamento 80.000 euros. Finalización nun mes.

-Ferrol. Reparación dos accesos ás praias. Orzamento 150.000 euros. Finalización nun mes.

-Porto do Son. Reparación dos accesos á praia de Coira. Orzamento 15.000 euros. Finalización en vinte días.

Pontevedra
-Cangas do Morrazo. Vilariño. Protección do vial de borde. Orzamento 30.000 euros. Finalización en dúas semanas

-Illa de Arousa. Charco. Recheo de oco no muro. Orzamento 2.500 euros. Finalización nun día. Tamén se reparará en Sapeira a rampa e o muro afectados. Orzamento 8.500 euros e Finalización nunha semana.

-O Grove. En Mexilloeira, reparación da rampa de acceso de madeira. Orzamento 2.000 euros. Finalización en dous días.

Lugo
-Foz. Reparación de danos na praia de Arealonga. Construción de escolleira. Orzamento 306.000 euros. Finalización en tres meses.

-O Vicedo. Reparación de danos na praia da Abrela. Reconstrución de pasarelas e duchas e limpeza de dunas. Orzamento 49.000 euros. Finalización en vintecinco dias.

ASTURIAS
-Ribadesella. Reparación de danos na praia de Vega. Reparación de pasarelas. Orzamento 12.100 euros. Finalización nunha semana.

-Carreño. Reparación de danos na praia de Carranques. Reconstrución de acceso. Orzamento 30.250 euros. Finalización nun mes.

-Tapia. Reparación de danos na Piscina Cetárea. Reparación de madeira. Orzamento 12.100 euros. Finalización en tres semanas.

-Castropol. Reparación de danos na praia de Arnao. Colocación de barandilla. Orzamento 9.680 euros. Finalización nunha semana e media.

-Llanes. Reparación de danos na praia de El Sablón. Orzamento 6.050 euros. Finalización nunha semana.

CANTABRIA
-Santander. Segunda praia do Sardinero. Bypass de area para a regulación da superficie da praia. Mediante empuxe desde a zona central cara os seus dous extremos. Orzamento 5.962 euros. Finalización en cinco días.

PAÍS BASCO
Bizkaia

-Muskiz. Entorno da praia La Arena. Retirada das antigas cimentacións afloradas na praia. Orzamento 25.000 euros. Finalización en dezasete días.

-Zierbana. Praia La Arena. Retirada antigas cimentacións afloradas na praia, cun orzamento de 35.000 euros e retirada de afloramento de pedras exóxenas en praia, por 50.000 euros. Ambas actuacións finalizarán en dezasete días.

-Mundaka. Entorno de Txorrokopunta. Reparación de elementos afectados do parque de Txorrokopunta e do acceso ó mar. Orzamento 38.000 euros. Finalización en vinte dias.

O seguimiento de cada unha das obras que leva a cabo o Ministerio nas costas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Basco, así como descripción de proxectos, o seu orzamento e prazo de execución, pode consultarse na página web do MAGRAMA: http://www.magrama.gob.es/es/costas/temas/plan-litoral-obras-emergencia-temporales/default.aspx

Exit mobile version