Lugo 07 de marzo de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo prevé que a Deputación Provincial de Lugo só chegará ao 17% do custo do Servizo de Axuda no Fogar durante 2014.
Os populares realizaron estas declaracións en base á comparativa do que consigna este ano a Deputación ao mantemento do SAF na provincia e ao custo que supuxo este servizo durante o 2013.
Para os populares a achega que vén de anunciar o departamento de Benestar da administración provincial amósase de novo insuficiente, ata o punto de que a porcentaxe que deixa ao descuberto se pode converter en maior de incrementarse o custo do mantemento do servizo respecto a 2013.
O que está claro é que todo parece indicar que, segundo matizaron os populares, a contía é de novo irrisoria e segundo os datos que manexa o GPP; a Deputación deixará previsiblemente ao descuberto o 83% do custe total do Servizo.
Neste, o Grupo do Partido Popular non pode entender que dende a administración provincial consideren garantido un servizo cando todo parece indicar que achegarán 17 de cada 100 euros.
Inclusive, esta contía que aporta a Deputación pode chegar a ser moito menor respecto do gasto total do servizo, tendo en conta que previsiblemente o custo do SAF se incremente ante o envellecemento poboacional.
Un ano máis o presidente da Deputación Provincial de Lugo se esquece dos máis desfavorecidos da provincia, como son os maiores e os dependentes, explican dende o Grupo Popular.