En canto ao propio curso, desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove, realizándose as prácticas nas empresa Coidados SL., Servicios Sociais San Roque e Asisolin. Como complemento á formación académica, as alumnas tamén tiveron a oportunidade de realizar numerosas actividades paralelas. En total desenvolveron unhas 620 horas, das cales 480 pódense considerar docentes e o resto de prácticas. E, das 14 participantes, 8 xa están traballando ou a piques de comezar a súa andaina laboral neste eido.
Ademais da entrega de diplomas, durante o acto, fíxose a xestión dos correspondentes certificados de profesionalidade; xa que o cursos é homologable directamente con estes certificados.