Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello apoia ao Burela FS feminino

O alcalde, José Mª González Barcia, asistirá mañá, 20 de marzo, ás 19 horas no Gaiás (Santiago de Compostela) ao acto no que o Burela FS Feminino recibirá o premio ao mellor equipo feminino galego do ano pasado. O equipo de goberno felicita ás rapazas, ao equipo técnico e ao clube por este galardón e mañá acompañaraos nesta cita.

Exit mobile version