Site icon Crónica3.com A Mariña

Mayra García: “A reforma laboral do PP é a maior afrenta ás mulleres traballadoras”

A Mariña, 8 de marzo de 2014. A Coordinadora comarcal do PSdeG-PSOE da Mariña Mayra García Bermúdez sumase a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora lamentando os constantes retrocesos históricos en materia de dereitos e liberdades das mulleres. Dixo que “a reforma laboral do PP é a maior afrenta ás mulleres traballadoras de Galicia”.

A Coordinadora socialista denuncia o grave retroceso que supón “o anteproxecto da Lei do aborto”, critica tamén a grave situación que vive “ a loita contra a violencia de xénero”, por mor da reducción dos seus orzamento; e advirte do lesiva que é a reforma laboral “porque o PP esta enviando as mulleres a casa, xa que por primeira vez en 30 anos a taxa de actividade feminina, que sempre creceu, hoxe decrece”

Mayra Garcia afirma que o desemprego é un dos principais problemas do s.XXI “pero que incide dun xeito sangrante nas mulleres”. Subliña que na Comarca da Mariña hai “3.000 mulleres desempregadas”, e donde destaca ademais que “ a media de ocupación é mais elevada nas traballadoras a xornada parcial”, e non como opción voluntaria senon porque non atopa traballo a xornada completa.

Modelo sexista, clasista e excluínte
A dirixente mariñá explica que o combate contra a violencia de xénero debe empezar pola educación en igualdade dos nenos e nenas “todo o contrario do que fai o PP coa reforma do sistema educativo, xa que implantan un modelo sexista, clasista e excluinte”.

Sobre o anteproxecto da Lei do Aborto asevera que supón “o maior retroceso para os dereitos das mulleres de toda a democracia”, e insiste “supón un menoscabo para os dereitos da Muller a decidir sobre a súa maternidade, devolvendo ás mulleres á clandestinidade”.

Por ultimo sinala que os gobernos socialistas “deron grandes pasos para equiparar en dereitos a homes e mulleres, por eso non vamos a deixar de defender e reivindicar a igualdade para as mulleres, porque son o autentico motor de transformación do s. XXI”, resumiu.

Exit mobile version