Ademáis das competicións deportivas nas que participan de xeito regular todas as fins de semana as Escolas Deportivas da Asociación Cultural-Deportiva Xove, esta fin de semana, en concreto o domingo día 30, vanse combinar dous eventos, ún deportivo e outro cultural.
Trofeo de Karate
Este domingo día 30, a partir das 17:30h., celebrarase no Pavillón Municipal de Xove o Trofeo de Karate “A.C.D. Xove”. Neste Trofeo participarán nenos/as e xóvenes de Foz, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Cervo e Xove. Competiran en Categorias: Benxamín, Alevín, Infantil, Xuvenil e Junior, nas especialidades de Kumite e Kata. O evento é organizado e patrocinado pola A.C.D. Xove, coa colaboración do Concello de Xove.
Teatro
O Domingo día 30, a partir das 20:30h., no salón de actos do Concello de Xove, os alumnos-as da Escola de Teatro da A.C.D. Xove representarán as obras: “Ana, la de las Musarañas” e “Xove Today”. Con estas dúas representacións clausurarán a temporada de teatro 2013-2014.
Desde a A.C.D. Xove queren convidarvos a todos a presenciar as actuacións de los xoves actores e actrices de Xove.