Ó sábado 29 as 12 horas no Cine Teatro en Ribadeo, Josep Pàmies impartirá unha conferencia e presentación do libro “Una dulce revolución”.
Organizan: o Grupo de consumo “As Grelas” e a Asociación Cultural “Alesancia”. Colaboran: o Concello de Ribadeo.
O Grupo de consumo “As Grelas” e a Asociación cultural “Alesancia” son unhas asociacións sen ánimo de lucro, formadas por persoas de toda a nosa contorna (Mariña lucense e Occidente asturiano) que desenvolven a súa actividade na procura dunha posta en valor da nosa cultura ,e da recuperación e busca duns xeitos de vida máis saudábeis e sustentábeis. Cultura, terra, alimentación, saúde, non entenden unhas sen as outras.
Estes colectivos teñen o privilexio de contar coa visita de Josep Pàmies, que ben seguro aportará moitos coñecementos na procura destes novos camiños.
Josep Pàmies (Balaguer, 1948) é labrego. Introdutor da Stevia Rebaudiana en España. A Stevia é un edulcorante natural e pranta medicinal curativa en procesos de diabete, hipertensión, colesterol, triglicéridos, ansiedade e obesidade. Labrego convencional nos seus inicios, el mesmo di: “teño 60 anos, fillos e netos. Creo que durante moitos anos, colaborei sen sabelo a que as persoas enfermaran cos produtos químicos cos que regaba as miñas prantas. Teño unha débeda coa sociedade”.
“Desexo dar a coñecer temas que me preocupan ralacionados coa alimentaicón e a saúde, aportar as miñas experiencias nestes campos, que quero compartir con todo aquel que crea no principio de Hipócrates, Padre da medicina, “Que o teu alimento sexa a túa menciña, e a túa menciña sexa o teu alimento”.
O Grupo de consumo “As Grelas” e a Asociación cultural “Alesancia” convidan a toda a cidadanía a participar deste evento.