O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparado un amplo programa de actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER no noso Concello. Estas actividades comezaron este venres ás 11:00 horas na Escola Infantil coa impartición dunha LECTURA DE CONTOS NON SEXISTAS. Concretamente, aos nenos/as da Escola contouselles o conto “ELMER”.
O conto trata sobre Elmer, un elefante que é diferente ao resto, non é de color gris. Esta diferencia fai que Elmer se sinta mal. Ao final o protagonista aprende que aínda que sexamos diferentes todas e todos somos iguais. Con este conto trabállanse valores de amizade, autoestima, bondade, e principalmente tolerancia e respecto ao ser diferente.
Pero as actividades de conmemoración do Día Internacional da Muller non acaban aquí. Así, os vindeiros días teremos:
SÁBADO, 8 DE MARZO.- A película de Patricia Cardoso “LAS MUJERES DE VERDA TIENEN CURVAS” vai centrar as actividades deste día. Así, ás 17:00 horas, na OMIX, vaise proxectar a citada película. Posteriormente terá lugar un obradoiro sobre o film a cargo de Lucía Meitín, rematando esta actividade cunha pequena merenda para tódolos participantes. Esta actividade vai dirixida aos rapaces e rapazas de Xove.
DOMINGO, 9 DE MARZO.- Actos finais do Día da Muller Traballadora coa celebración da “VIIª MERENDA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA”. Esta actividade vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 17:30 horas, e na mesma imos ter un recital de poesía e relatos curtos a cargo das mulleres que o desexen.
Queremos chamar a atención sobre o feito que as actividades dos tres días están destinadas a públicos distintos. Os dous primeiros días a nenos/as e rapaces/as, co fin de valoren o papel da muller na nosa sociedade, así como eliminar resabios sexistas. O último día está aberto a mulleres de tódalas idades.