Compromiso por Galicia ben de comezar este venres o proceso de eleccións primarias para escoller o seu candidato para as eleccións europeas, coa presentación pública en Coruña dos catro cidadáns que se postularon para cabeza de lista da formación galeguista.
O proceso de mitins que darán os candidatos as primarias ó longo das sete grandes cidades galegas comeza este mércores día 12 en Lugo, no hotel Méndez Núñez. As intervencións darán comezo as 20:00 horas da tarde.
Recordar que a estas primarias se puido presentar calquera cidadán sen ter relación previa algunha coa organización, e igualmente pode participar co seu voto na elección do cabeza de lista da organización galeguista calquera cidadán que o desexe anotándose o mesmo mércores no censo de votantes, ou previamente na páxina web da organización.
A mesa electoral estará aberta dende dúas horas antes ata dúas horas despois das intervencións para dar facilidades a todo cidadán que desexe participar.
Compromiso por Galicia continúa a dar exemplo a sociedade de prácticas realmente democráticas que permiten a participación e implicación da cidadanía nos procesos políticos, fan que esta teña un poder de decisión real sobre o rumbo que a de ter a organización e sobre as persoas que han de ostentar responsabilidades na mesma. Articulando procesos como este, que permiten que un cidadán de a pé poida ser o representante en Europa da formación galeguista.
Dende Compromiso por Galicia animamos a todas e todos os cidadáns que se animen a participar no proceso, xa que por primeira vez unha organización política deixa nas mans da sociedade a elección dos seus referentes políticos.