Site icon Crónica3.com A Mariña

Chega o lobo da estrema dereita

Os datos non minten, A extrema dereita medra en toda Europa e faino empuxada pola ineficacia dos políticos tradicionais, a corrupción, o abuso de poder, as mentiras da prensa, a crise económica, os fallos da Xustiza e o desprestixio dunha democracia que, en mans dos partidos políticos, quedou degradada e sen pulso.

Os partidos tradicionais, os mesmos que pervertirón o actual sistema, asustan aos cidadáns esgrimindo a pantasma da extrema dereita, coma se non fosen eles mesmos os seus creadores e impulsores. O nazismo non subiu ao poder por casualidade, nin foi froito dunha conspiración demoniaca, senón a consecuencia lóxica da corrupción e a ineptitude dos políticos alemáns de dereita e esquerda. O nazismo, do mesmo xeito que o fascismo e ata a rebelión de Franco foron a consecuencia do fracaso das castas políticas, que non souberon xestionar a liberdade, a prosperidad, a xustiza, a participación cidadá e a decencia.

Na Europa do norte a extrema dereita medra dun xeito que parece non ter parada. En Noruega xa gobernan en coalición e nas antigas repúblicas comunistas faise cada día mais forte. En Grecia han ter que freala con interpretacións da lei de dubidosa imparcialidad democrática. En Francia, a extrema dereita goza de excelente saúde e ameaza todo o poder establecido, ocupando espazos na cidadanía que a dereita e a esquerda perderon por estúpidas e antidemocráticas.

En España, a extrema dereita existe, pero esta acazapada, en espera dun líder, que si chegase a conectar ben cos seus non obtería menos do 20 por cento dos votos nas urnas, que ahora estan en poder do PP. Por agora, os medios de comunicación e a aínda forte lealtad sumisa dunha parte importante do electorado aos partidos tradicionais, malia que o seu fracaso está mais que demostrado, frean o ascenso inevitable dunha extrema dereita que xa se exhibe en público sen medo, parte da cal non sae á luz porque está acazapada dentro dos partidos políticos tradicionais, desideologizados e convertidos en guarida de vividores e privilexiados, nas que non hai demasiados escrúpulos á hora de admitir a totalitarios, abusadores e a xente merdenta.

A extrema dereita eiqui está promovida e levantada polo desemprego, a inxustiza, o avance da pobreza, a corrupción política, o nacionalismo separatista, os delitos masivos de estranxeiros dedicados ao roubo e ao abuso, pouco combatidos por unha policía que pon mais empeño en defender aos políticos e os seus privilexios, e a tremenda incapacidade e fracaso dos políticos tradicionais. Os principais promotores da extrema dereita son os politicos ineptos e tramposos e os seus adláteres atiborrados de ineficacia e privilexios inmerecidos. Cando finalmente chegue o lobo, que chegará, xa sabemos a quen debemos reclamar.

Otero Regal.

Exit mobile version