Máis de 100 persoas asistiron este mércores no salón de plenos do Concello de Burela á charla sobre prevención de atropelos, celebrada esta mañá “e coa que pretendemos que as persoas teñan claras as normas básicas de circulación e as accións a realizar, tanto ao volante dun coche como sendo peón, para poder evitar accidentes. É moi importante coñecer como peón, os nosos dereitos para garantir a nosa integridade física, así como cales son as nosa obrigacións”, sinalou Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais.