Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre a auga no CEIP Vista Alegre de Burela

charla augaA mañá deste mércores alumn@s de 4º do CEIP Vista Alegre recibiron unha charla, impartida polas monitoras de Gaia, sobre a auga, concretamente sobre cómo chega a auga aos fogares e cómo facían os nosos ancestros para obter auga e levala ás súas casas. Segundo explicaron as monitoras de Gaia “tamén poideron observar como, en outros lugares do noso planeta, moitos nenos teñen que desprazarse quilómetros diariamente para acadar auga. Sen dúbida é un bo xeito de apreciar o sinxelo xesto de abrir una billa e que saia auga e comprenderon a importancia de non malgastar este ben tan preciado”.

Exit mobile version