A mañá deste mércores alumn@s de 4º do CEIP Vista Alegre recibiron unha charla, impartida polas monitoras de Gaia, sobre a auga, concretamente sobre cómo chega a auga aos fogares e cómo facían os nosos ancestros para obter auga e levala ás súas casas. Segundo explicaron as monitoras de Gaia “tamén poideron observar como, en outros lugares do noso planeta, moitos nenos teñen que desprazarse quilómetros diariamente para acadar auga. Sen dúbida é un bo xeito de apreciar o sinxelo xesto de abrir una billa e que saia auga e comprenderon a importancia de non malgastar este ben tan preciado”.
Charla sobre a auga no CEIP Vista Alegre de Burela
Charla sobre a auga no CEIP Vista Alegre de Burela
Relacionado
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organizou o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería