Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrada a festa “Flower Power” da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

DSC06936Este mércores, apenas uns días despois do inicio da primavera, A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebrou a segunda edición da festa de primavera ó estilo flower-power, onde acudiron como invitadas especiais Dna. Pilar Armada (Concelleira de Servizos Sociais do Excmo. Concello de Cervo), Dna. Yolanda Pedreira (Concelleira de Xuventude do Excmo. Concello de Cervo) e Dna. Dolores (encargada das actividades do Excmo. Concello de Cervo).

Festa na que predominou a estética hippie, e onde un total de 43 usuarios dos distintos dispositivos complementarios de atención ás persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica , bailaron ó son da música dos anos 60, para despois disfrutar todos xuntos dunha comida de fraternidade.

Neste senso, a Presidenta da Asociación , Dna. María Iris Castro Meitín, e a Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, agradecen expresamente a colaboración ó Excmo. Concello de Cervo.

Aproveitando a ocasión, e loitando contra o estigma social, a directora destes recursos, María José Nóvoa, quixo facer mención a que as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, cun tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ou sexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.

Exit mobile version