A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro luns, 31 de marzo, a partires das 21 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 en segunda. O xuntanza terá lugar no salón de reunión da Casa da Cultura. O presidente, José Carlos Paleo, presentará un informe da anualidade e actividades desenvolvidas durante o pasado ano 2013, así coma as contas dese exercicio. Outro dos asuntos que figura na orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria de Acia Foz é a renovación da directiva, o prazo e proposición de candidaturas. O cuarto punto é o relativo a rogos e preguntas.
Asemblea xeral ordinaria de ACIA Foz
Asemblea xeral ordinaria de ACIA Foz
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo