A praia das Catedrais, ubicada no municipio lucense de Ribadeo, acaba de ser recoñecida como a segunda mellor praia de España, a cuarta a nivel europeo e a décimoquinta a nivel mundial, segundo a web de viaxes TripAdvisor, en base ós comentarios e calificacións feitas polos viaxeiros.
Sen embargo, as características ourográficas da praia impiden o acceso a calquera hora do día, xa que só se pode baixar ó areal con marea baixa, o que acontece só dúas veces ó día en función das mareas, que continuamente están en cambio.
Esta praia recibe milleiros de visitantes durante todo o ano para coñecer as fermosas bóvedas rocosas de ata 32 metros de altura que o mar e o vento foron escarbando na costa. De feito, a preamar cubre por completo as columnas, mentres que cando se retira deixa una praia de 12 metros de ancho e 1.400 de longo, que cautiva pola súa impresionante beleza.
Esta aplicación, As Catedrais, pode descargarse gratuitamente tanto para iOS como para Android desde www.ocioengalicia.com ou directamente desde as propias páxinas de aplicacións móbiles.