O profesor Francisco Piñeiro González, nado nese berce da historia e da cultura do noso contorno, a benamada cidade de Mondoñedo, é persoeiro excepcional e a súa entrega á causa cultural non ten parangón: poeta, escritor, autor, actor e promotor/director teatral, é peza principal e mesmo definitiva no espertar do interese polo Arte de Talía na comarca. Él, coa súa dona Paz Rodríguez, musa e razón de ser do artista, tamén implicada á par co compañeiro nun “tandem da cultura” do que dificilmente se atopa semellanza en lugar algún; dende o mais riguroso altruismo, gastan incontables horas dos seus días na entrega sen lindes a canto pode significar o espallamento da cultura popular, o estudo da historia dos nosos pobos (sirvan como exemplo o ímprobo e brillante traballo realizado coa publicación do libro referido á tradición musical de Alfoz/O Valadouro ou o da historia do teatro na Mariña), sempre dispostos á colaboración que materializan a cotío dende un talante no que sobresae a humildade, que tívose sempre por virtude dos grandes homes e mulleres. Cando o cronista, na intimidade, considera a personalidade única do mindoniense, do mais fondo saelle o berro tribal que neste caso é expresión de admiración e gratitude hacia o amigo entrañable: “árdelle o eixo, Piñeiro!”, e únese dese xeito á homenaxe que tan acertada e xustamente lle renden Os Aventados.
Suso Fernández.