Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa organiza unha xornada informativa en colaboración co Banco SabadellGallego o luns 31 de marzo

Ribadeo, 26 de marzo de 2014. Acisa Ribadeo organiza unha xornada informativa, en colaboración co Banco SabadellGallego. Será o vindeiro luns, 31 de marzo, ás 19 horas no salón de actos da Casa Sindical (Avda de Galicia, 20).

En dita xornada darase a coñecer a oferta especial que o Banco SabadellGallego pon ó dispor dos socios de Acisa Ribadeo e expoñeranse de forma práctica e sinxela diferentes opcións que poden permitir ós comercios, autónomos e ás Pemes, o acceso e a xestión eficiente de diferentes vías de financiamento.

A xornada informativa estará dirixida por Pablo Cantón, especialista en financiamento de SabadellGallego, e por Fernando Miranda, Director de Colectivos Profesionais da entidade.

Segundo explican desde o Banco SabadellGallego “o obxectivo desta xornada é poñer de relevo as condicións especiais ás que poden acceder os socios de Acisa Ribadeo en virtude de convenio formalizado recentemente con SabadellGallego e expoñer diferentes alternativas de financiamento para as Pemes, autónomos e comercios. Abordaranse as posibles vías de financiamento ás que pode acceder un negocio ante as distintas necesidades que pode ter (tesourería, ventas, maquinaria…) e dunha forma práctica e sinxela ofrecerase una explicación dos diferentes productos cos que conta: leasing, confirming, liñas subvencionadas, BEI…. Dado que nas circunstancias que estamos atravesando actualmente é moi necesario estar totalmente informado de todas e cada unha das posibilidades de financiamento que nos ofrece o mercado”.

Á charla, además dos/as socios/as de Acisa Ribadeo, poden asistir todas aquelas empresas e autónomos que estean interesados en coñecer os produtos e as liñas de financiamento que ofrece o Banco SabadellGallego.

Exit mobile version