A novidade é que desde o Concellode Burela se creou un blog en internet: semanasantaburela.blogspot.es. Segundo explicou o rexedor “nese blog pódense ver os carteis anunciadores da semana santa dos anos anteriores, así coma outro material vinculado con esta cita anual”.
O rexedor dixo que “a intención do Concello coa creación deste blog é difundir, divulgar e promocionar a semana santa burelesa, na confianza de que se vaia asentando o que é a celebración en si mesma, vaia aumentando a súa proxección exterior e aumente tamén a proxección e o impacto turístico que cause directamente sobre o noso municipio”.