Site icon Crónica3.com A Mariña

A Festa da Pescada celébrase en Foz entre este venres 21 e o sábado 22 organizada pola ACIA

Foz, 20 de marzo de 2014. A festa da pescada celébrase en Foz este venres e o sábado. Nesta nova cita gastronómica organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos participan uns vinte locais hostaleiros.

Os que se acheguen a Foz esta fin de semana poderán saborear pescada en diferentes preparacións ao prezo de 5 euros a tapa degustación. Os establecementos desta nova xornada gastronómica son: A Funcional, A Maseira, A Rula, bar Acuario, bar restaurante A Farola, café-bar Llas, cafetería pastelería Anduriña, cafetería Xoyma, Casa Damián, cervexería Fina, cervexería Portovello, hostal O Norte, hotel restaurante Leyton, mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Tangarte Mariñeiro, pizzería Xoiña, restaurante As Brasas, restaurante Costumes do Mar, restaurante Dandy e restaurante O Lar.

Desde a directiva de ACIA Foz animan “a visitar Foz e a aproveitar o inicio da primavera para tomar un viño pola nosa vila e para degustar as tapas de pescada que con moito esmero preparan os mesóns, bares e restaurantes”.

Acia Foz aproveita a ocasión para felicitar e desexarlles moita sorte aos seis novos negocios que abriron as súas portas nestes primeiros meses do ano na vila. Trátase de comercios de roupa, zapatos, ocio, doces e veterinaria. A directiva de Acia Foz agradece “aos novos emprendedores que elixiran Foz para poñer en marcha os seus negocios e inversións”.

Exit mobile version