A Procesión das Antorchas na Honra á Virxe de Lourdes é a primeira procesión do ano polas rúas de Viveiro, a pesar de non ser a primeira que se celebra; xa que o 2 de febreiro, día da Candelaria, o interior da igrexa de San Francisco acolleu a procesión da Presentación coas imaxes da Virxe co Neno e San Xosé portando unha xauliña coas dúas pombas da ofrenda. Será o martes 11 de febreiro, a partir das 19.30 horas, despois da Eucaristía, cando a procesión saia do Monasterio das Concepcionistas como culminación da Novena na Honra á Virxe de Lourdes que se celebra dende o día 3 de febrero. A Procesión irá acompañada pola Banda TAU e por decenas e incluso centos de fieis formando filas, coas antorchas acesas e en estremecedor silencio, acompañando á Virxe de Lourdes polo percorrido habitual das procesións polo interior do Casco urbano.
Procesión das Antorchas en Viveiro
Procesión das Antorchas en Viveiro
Relacionado
-
Cariño prepárase para despedir o 2024 e dar a benvida ao aninovo cunha gran festa gratuíta para todos os veciños e veciñas, programada para a noite do martes ao mércores
-
A asociación Camiña incorpora novas tecnoloxías grazas ao apoio da Fundación Once
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo, de 19 anos de idade, como suposto autor de delitos de danos e lesións