O colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA conmemorará o Día de Rosalía en Viveiro, o luns 24 de febreiro, contando coa colaboración de persoas de distintas idades e profesións que recitarán poemas da escritora no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro a partir das 20.30 horas.
No acto intervirán Daniel F. Noriega (empresario), María do Mar García (empregada), Paco Chao (comerciante), Delio Represas (músico), María Pal (camareira), Guillermo Pigueiras (adestrador de fútbol), Mª Ánxeles Lago (xubilada), Marta Fra (monitora de natación), Carme Chaves (estudante de E.Primaria), Mª Xosé Penso (empregada do Concello), Mar García (xornalista), Ánxel V. Iglesias (comerciante) e J. Pino (capitán de pesca).
O recital, que contará con acompañamento musical en directo e cunha proxección audio visual, dará comezo ás 20:30 horas, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Fotografía e factura eléctrica, en marzo
Por outra banda, o colectivo viveirés informa que os vindeiros actos programados para o mes de marzo consistirán nunha exposición do traballo fotográfico de Pepe Ventureira e no acto informativo “Por que se incrementa o recibo da luz?”.