O pasado día 13 de febreiro a Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Burela sacou unha nota de prensa na que destacaba o descenso de consumo de auga dos veciños e veciñas de Burela no ano 2013 con respeto ó ano 2012. As conclusións que dende o PSdeG-PSOE de Burela sacamos desta nova dista moito das conclusións que saca o equipo de “desgoberno” de Burela con respecto a este tema.
Entendemos que esta baixada de consumo ben máis ligada ás dificultades económicas que están a pasar os veciños e veciñas de Burela, que se ven obrigados a reducir o consumo de auga porque sinxelamente non poden soportar as subidas nas taxas da auga e do lixo, e na baixada da actividade industrial en xeral, especialmente na construción. Non pode ser doutro xeito xa que dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela pouco ou nada se está a facer neste ámbito, unicamente subir o custo do servizo.
Supoñemos que as medidas ás que se refire a nota de prensa para conseguir baixar este consumo de auga, será unha nova subida das taxas.
Dende o anterior do PSdeG-PSOE puxéronse en marcha medidas que si conseguían incentivar a baixada de consumo de auga, impulsouse unha campaña de uso de caudalímetros que melloraban o consumo das familias, premiábase a aqueles fogares nos que se conseguía baixar os consumos e fixéronse obras de mellora na rede de abastecemento que diminuían os número de avarías e fugas na propia rede. Estas medidas foron abolidas polo actual equipo de “desgoberno” e non se tomou ningún tipo de medida neste senso.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela pensamos que aínda queda marxe de mellora neste asunto, e a nosa intención en canto cheguemos ó goberno de Burela será a de facer unha reestruturación das taxas en xeral e da auga en particular. Intentando favorecer a aquelas familias que fagan un uso máis responsable da auga, entre outras medidas.