O Concello de Xove apoia a proxección desta ILE que ven de recibir o diploma da Deputación Provincial LUGOSABE e que participará no FORUM GASTRONÓMICO DA CORUÑA do 23 ao 25 de febreiro. Nel realizarán as seguintes accións de promoción:
– Obradoiro no Ateneo o domingo ás 11:00.
– Degustación na sala de catas do stand da Consellería de Mar e Medio Rural o martes ás 10:30.
– Participación en Forum Ciudad xunto con Estrella Galicia nun obradoiro de maridaxe de cervexa e conserva.
O próximo mes de marzo, dos días 10 ao 13 participarán no SALÓN DE GOURMETS DE MADRID ao que acudirán como coexpositores da Consellería de Mar e Medio Rural.
En ambas feiras a empresa xovense preséntase coa marca CURRIMAR CONSERVAS TRADICIONALES e propón novos formatos e novos produtos como son os LOMOS DE BONITO AO NATURAL e os LOMOS DE BONITO EN ACEITE ECOLÓXICO.
O Concello de Xove agarda que a participación nestes foros sirvan para ampliar a súa clientela en Galicia e fóra dela e quere darlle a noraboa ás persoas que componen a empresa polo seu traballo e pola súa valía.
Foto: As empresarias no Salón Gourmet do ano pasado.