Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz conmemora o luns 24 o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Foz, 21 de febreiro de 2014. O Concello de Foz conmemorará o aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro o vindeiro luns, día 24 deste mes, cunha lectura pública da súa obra a través da emisora de radio municipal. Nesta actividade participarán todos os colexios do concello.

Esta iniciativa está promovida pola biblioteca pública municipal Salgado Toimil e Radio Foz, emisora que o vindeiro luns de 17 a 19 horas ofrecerá en directo a lectura de obras de Rosalía de Castro por parte de alumnos dos colexios Número 1, O Cantel, Fondo Nois, Martínez Otero e O Pilar.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, agradece “a todos os colexios a súa participación para poder rememorar así á nosa escritora máis insigne dando a coñecer parte da súa obra”. E destacou que Rosalía de Castro “é unha figura indispensable na literatura do século XIX”.

Exit mobile version