Site icon Crónica3.com A Mariña

Increméntanse as distancias entre a zona alta e baixa da Liga de Veteranos de Viveiro

Flanagans e Soho protagonizaron o partido máis igualado no resultado (4-3) na décimo quinta xornada da Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro. O resto dos partidos saldáronse con marcadores moito máis abultados que deixaron claro os merecedores dos tres puntos en xogo en cada encontro da xornada.

Os resultados desta xornada, que deixa a clasificación practicamente sen cambios, foron:

Forum 1 – 4 A Fonte
O Mesón 6 – 0 A Curva
Flanagans 4 – 3 soho

Cofipesca 9 – 2 Os Arcos
Gato Pardo 8 – 1 Punto Galego
Joyeros 9 – 3 Temple
O Recuncho 6 – 1 Lodeiro

E para a vindeira xornada os encontros establecidos son:
Soho – O Recuncho: luns 17 ás 20.30 horas.
Temple – Cofipesca: luns 17 ás 21.15 horas.
Os Arcos – Gato Pardo: luns 17 ás 22.00 horas.

Lodeiro – O Mesón: xoves 20 ás 20.30 horas.
Joyeros – Forum: xoves 20 ás 21.15 horas.
A Curva – A Fonte: xoves 20 ás 22.00 horas.
Punto Galego – Flanagans: xoves 20 ás 22.45 horas.

Exit mobile version