A aula da UNED de Foz acolle a celebración dun curso de educación emocional entre o mércores 26 e o venres 28 de febreiro. Trátase dun obradoiro de 20 horas, 10 delas presenciais e outras tantas de traballo on line. As clases presenciais desenvolveranse entre as 17.30 horas e as 21.00 horas o mércores e o xoves; mentres que o venres será de 18.00 a 20.00 horas. O prezo da inscrición é de 35 euros, 30 para alumnos da UNED, IES de Foz e/ou desempregados e de 25 euros para persoas con discapacidade. Os interesados poden recibir máis información na rúa Castelao s/n, no teléfono 982.133.699 ou a través do enderezo electrónico foz@lugo.uned.es.
Educación emocional na UNED de Foz
Educación emocional na UNED de Foz
Relacionado
-
Ortigueira combinará tradición, deporte e música na I Xornada Mariñeira
-
A asociación Camiña incorpora novas tecnoloxías grazas ao apoio da Fundación Once
-
Mariña Patrimonio organiza este sábado, 28 de decembro, unha charla impartida polo escritor e experto en tradición oral, Xosé Miranda, baixo o título “Os contos eróticos na tradición oral”