Site icon Crónica3.com A Mariña

Cofrades de Viveiro pide o voto para a Imaxe da Virxe do Camiño da Luz que opta ó VIII Premio La Hornacina

virxe-camino-luzA Imaxe da Virxe do Camiño da Luz pertencente á Irmandade das Sete Palabras de Viveiro foi seleccionada para participar no VIII Premio La Hornacina.

Dende Cofrades de Viveiro fan un chamamento para que todas as persoas de Galicia axuden co seu voto a que esta talla que procesiona na tarde do Domingo de Resurrección na Procesión do Vialucis consiga o galardón. Ademais, durante todo o ano poden visitala e acompañala na Igrexa das Nais Concepcionistas de Viveiro, que o pasado mes de decembro estreaba o su marabilloso Retablo realizado polo taller dos Irmáns Caballero de Sevilla.

Os votos pódense emitir a través da seguinte ligazón: http://www.lahornacina.com/encuestaspremio2013III.htm ata o 24 de febreiro elixindo o número 58 dun total de 60 imaxes que optan ao premio.

Outros anos xa teñen participado dúas Imaxes talladas para Viveiro e ambas se fixeron co terceiro posto nas súas respectivas edicións. Trátase da Imaxe de San Pedro, tallada por Antonio Bernal Redondo para a Hermandad del Prendimiento, que participou na quinta edición, e a Imaxe do Noso Pai Jesús Nazareno, obra de Francisco Romero Zafra para a Cofradía de O Nazareno dos de Fóra que participou na sétima edición do famoso premio.

A Imaxe da Nosa Señora a Virxe do Camiño da Luz, obra de Antonio Espadas para Viveiro, foi seleccionada “por fuxir da estética trillada e non caer en efectismos gratuítos”.

Exit mobile version