Site icon Crónica3.com A Mariña

Antroido no Mercado do Souto

O mercado de proximidade organizado cada dous domingos na Praza do Souto de Cervo pola Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta e a Asociación Cultural Airiños do Xunco, celebra este domingo 23 de febreiro o Antroido no Mercado do Souto entre as 10.00 e as 14.00 horas no pavillón do CEIP de Cervo. Os interesados poden participar no concurso de doces de Antroido aportando 12 doces: orellas, filloas, roscas… O gañador recibirá unha peza do ceramista Estefano Gudín.

Exit mobile version