O Centro Social de Cangas inaugura a tempada cultural organizada pola C.M.V.M.C., Real, Rañadoiro e Agudo este domingo 12 de xaneiro coa posta en escea da obra teatral ‘As herdeiras do Sol’ do grupo de teatro Quemaisten das Pontes de García Rodríguez. Xa o domingo 19 será a quenda do teatro de humor da man de Cachín, Alberto Níñez e Pepe Peinó do grupo de teatro Raiolas de Alfoz con ‘Xuízo anticorrupción’ e o domingo 26 será o grupo Cioyo de Castropol o que interprete ‘A difunta y outras herbas’. Todas as representacións darán comezo arredor das 19.00 horas con entrada de balde. Colabora tamén o grupo de teatro ‘O Batán’.