Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz reta ao alcalde a “convocar un Pleno extraordinario para debater sobre o estado do noso pobo”

“A incompetencia e o pasotismo do Equipo de Goberno do PP de Foz, co Sr Castiñeira á fronte, son os verdadeiros responsables do deterioro da imaxe do noso Pobo”.

“Sen poñer cualificativos; é difícil de entender como este Sr Alcalde quere culpar á oposición da mala imaxe do pobo pola nota de prensa que fai uns días publicaba UNIFOZ”.

Unifoz reta ao alcalde a que “convoque un pleno extraordinario para debater sobre o estado do noso Pobo, para poder demostrar aos veciños cada unha das cuestións que denunciamos con respecto ao ano 2013”.

“Sr Alcalde a mala imaxe de Foz, póñena Vostedes, por non atender o Pobo, por no traballar,por non preocuparse, pola súa prepotencia, pola súa chulería e falta de diálogo”, considera o voceiro do grupo municipal de Unifoz, Jaime Cancio.

Ademais, insta a mirar outros pobos da Mariña para “decataranse en que situación de abandono teñen o noso Pobo”. Así mesmo, impulsa ao rexedor a que “diga que é o que é mentira do que expoñemos a continuación”:

– 2013 foi o ano onde nin se pintou a sinalización horizontal do Pobo co conseguinte perigo, sobre todo nos pasos de peóns.

– 2013 foi o ano onde non se cumpre a ordenanza de recollida de lixo no medio rural.

– 2013 foi o ano no que se burocratizou a atención aos veciños para poder falar co Alcalde.

– 2013 foi o ano onde Foz estivo a escuras, sucio, descoidado, coas zonas públicas totalmente esquecidas de mantemento, servizos públicos pechados en determinados días coma a Biblioteca, a Casa da Xuventude, Turismo…

– 2013 foi o ano da privatización de servizos municipais, en detrimento do emprego público.

– 2013 foi o ano da parálise administrativa, con numerosos expedientes de servizos caducados e sen sacar a concurso, nin recuperar a súa municipalidade.

– 2013 foi o ano de numerosas irregularidades nos procesos de selección de persoal, como o demostra as numerosas reclamacións presentadas aos mesmos.

– Foi tamén “o ano da propaganda do Sr Alcalde con dites e diredes da situación do Concello. Todos recordaremos que sen o plan de Pago a Provedores perigaba o salario dos traballadores… ou aquilo de que non podía asumir o 30 % da RPT, para os traballadores e uns días máis tarde dicía todo o contrario”.

Foi un ano onde “a chulería e desplante do Sr Alcalde denuncia a un hostaleiro, insulta a algún veciño, e mesmo trouxo imaxes ao noso Pobo como un provedor sentado no porto do concello por que non lle querían pagar unha factura”.

“Foi o ano de numerosos asaltos domiciliarios e de comercios, sen que este goberno, nin a Xunta de Seguridade, fixera nada e mesmo segue mirando para outro lado”.

“No 2013 só houbo dúas persoas traballando en Axuda no Fogar para todo o Concello, o que se pode considerar un insulto ás persoas que máis o necesitan”.

“En 2013, foi o ano no que tampouco este goberno do PP aportou solución ao tema do tratamento das augas residuais, despois de ver os seus numerosos cambios de postura”.

“2013 foi o ano doutro fracaso do PXOM”.

“No pasado ano, foi cando os técnicos municipais (intervención) fixeron numerosos informes de reparo de ilegalidades na forma de gobernar”.

“2013 foi un ano nulo en promoción turística para Foz, con servizos mínimos na oficina de turismo, e abandono total de lugares de interese como a Basílica de San Martiño (falta de limpeza en wc….)”.

“No 2013 os traballadores municipais non puideron cobrar a RPT, por que o Sr Alcalde así o quixo ao non facer modificación de crédito, a pesar de estar obrigado a aplicar a mencionada RPT”.

“Foi o ano das “ GOTEIRAS” , no salón de Plenos do Concello, na Casa de Cultura… pola falla de mantemento”.

“Foi o ano das pistas deterioradas no Pobo e nas parroquias, pola falla de mantemento e o ano dun deficiente servizo de recollida de lixo como ben saben os veciños de Mansín, onde non se recolle o lixo dende fai tempo”.

“Foi o ano no que o PROPIO GOBERNO ESTÁ DESAPARECIDO, PARA A MAIORÍA DOS VECIÑOS”.

Exit mobile version