Barreiros, 7 de xaneiro de 2014. Máis dunha ducia de árbores chegaron a obstaculizar as estradas municipais en Barreiros durante a pasada ponte festiva por mor do temporal de vento que lle afectou ao litoral norte.
Segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente, “mantivemos un retén con persoal municipal na noite do sábado ao domingo e tamén na do domingo ao luns. Eles foron os encargados de cortar e retirar esas árbores das vías municipais das parroquias do interior. Ademais avisamos ao 112 por un eucalipto que caeu na estrada Reme-Vilamar, que é titularidade da Xunta de Galicia”.
Fuente Parga indicou que “as incidencias en Barreiros, quedaron afortunadamente neso. Coa auga non tivemos problema nesta ocasión”.