Este venres, 3 de xaneiro, o Grupo Humorístico Trípode visitou a Residencia de Anciáns “Santa María” do Valadouro para representar diante dos residentes o seu último espectáculo, titulado “Xuízo anticorrupción”. Diante de preto de 100 residentes e duns cantos coidadores, os tres membros de Trípode intentaron facer da risa unha boa terapia para recibir o novo ano.