A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá bota de novo a andar no 2014. Para iniciar este novo ano vamos recorrer a Ruta do Ferrocarril (Vía Verde), en A Pontenova, unha distancia duns 12 quilómetros e de dificultade baixa. Sairemos ás 09:30 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá, e voltaremos para comer nas nosas casas. Recoméndase levar foco xa que hai que atravesar algún túnel. Os interesados poden inscribirse a través do corrreo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou dos teléfonos 982121006 (Pepe) ou 619828784 (Pura), rematando o prazo o próximo xoves 16 de Xaneiro, ás 14: 00 horas.
Terras de Lourenzá ten previsto percorrer a Ruta do Ferrocarril
Terras de Lourenzá ten previsto percorrer a Ruta do Ferrocarril
Relacionado
-
O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este luns
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao