Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira convoca unha reunión coas asociacións culturais da comarca sobre a homenaxe a Miro Casabella

Este sábado 11 de xaneiro o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA ten convocadas ás asociacións culturais da comarca para proporlles a celebración dunha homenaxe ao músico Miro Casabella. Considera o colectivo viveirés que o percorrido artístico do compositor e cantante do Valadouro, comprometido desde os anos sesenta coa cultura e co idioma galego, ben merece a gratitude dos mariñaos.

A reunión terá lugar na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, ás 11 da mañá. O colectivo viveirés proporá tamén xestionar apoio económico dos Concellos e da Deputación xa que, de contar coa colaboración destas institucións, poderían participar nesta homenaxe músicos cos que Miro Casabella tivo relación ao longo da súa traxectoria artística.

Exit mobile version