Riotorto, 9 de xaneiro de 2014.- O Partido Popular denunciou hoxe que Riotorto quedou sen cabalgata de Reis pola falta de traballo e dedicación aos asuntos municipais do Goberno que preside o nacionalista Gutiérrez Estoa.
Os populares queren facerse eco do malestar veciñal coa decisión da Alcaldía de suprimir esta actividade que tradicionalmente era organizada por un colectivo local co apoio do Concello, que non se materializou.
O PP de Riotorto lembra que a pesar de que en Riotorto existen dúas dedicacións a soldo do Concello, a do alcalde e a dun edil do PSOE, non están atendendo os asuntos municipais nin as necesidades e peticións dos veciños.
“Non sabemos a que se dedica o alcalde, salvo a ir de saltabarricadas polo resto de Galicia, en vez de traballar polo seu municipio, que nas últimas datas perdeu, entre outras a residencia para persoais maiores que tiña comprometida pola Deputación”-din os populares
Para o PP local a supresión da Cabalgata de Reis non só fustra as expectativas dos nenos senón tamén as dos comerciantes da zona, pois son moitas as persoas que aproveitan o desprazamento para realizar compras ou visitar os establecementos hostaleiros da localidade.
O Partido Popular confía en que o aforro e a austeridade non sexan a escusa que para xustificar a non celebración da cabalgata pois existen fórmulas para organizar este tipo de actos de forma moi digna, cúmprese coa ilusión dos pequenos e que facelo a un custe asumible.