A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela pecha a súa campaña de Nadal este domingo con unha gran festa na Praza da Mariña.
Nunha xornada de tendas abertas pola véspera de Reis, moitos comercios locais abrirán en horario especial de mañá e tarde. Xa na Gran Festa Fin de nadal, que se celebra ó remate da Cabalgata de Reis, terá lugar, como xa é habitual, unha gran rosconada e chocolatada, e a ración véndese a 1,50€.
Outra das grandes citas do Nadal burelés é o cumprimento de tres dos desexos pedidos á Árbore de Nadal. Este ano ACIA Burela destinará o 50% da recaudación da rosconada para colaborar con tres colectivos: a Asociación Pel de Mariposa Debra, a Asociación Esperanza de Loita contra o Cáncer e para o Banco de Alimentos da Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela. Deste xeito os trese desexos deste Nadal destínanse a estes fins solidarios. Ademáis, durante o evento haberá huchas para recaudar máis fondos para estas tres asociaicións. Desde ACIA Burela anímase á xente a participar na festa e colaborar.
Polo tanto a rosconada deste ano ven con doble premio, xa que, ademáis da recaudación solidaria, segue unida unha vez máis ó Rosconazo de Regalos, con máis de 150 premios agochados dentro do roscón.
E como broche final, a partir das 10 da noite sortearáse o Gran Escaparate de Premios, con tres premios valorados en 2000€, 1000€ e 500€ respectivamente.