O Colectivo Cultural Ollomao programou un total de 9 actuacións ata o mes de xullo por distintas parroquias do concello barreirense coa finalidade de achegar a cultura e o teatro a todos os rincóns do concello. As funcións terán lugar en días da fin de semana, en distintos horarios, para aumentar as posibilidades de asistencia. A seguinte función está prevista para este domingo 19 de xaneiro, no local social de San Xusto de Cabarcos ás 5 da tarde.
Todas as funcións terán un prezo de 2€ de entrada por persoa, recaudación destinada a afrontar os gastos derivados da montaxe e infraestructuras do grupo de teatro.