Site icon Crónica3.com A Mariña

O Viveiro FSF golea na casa ante o Sporting Rabadense (6-1)

O Viveiro comezou a ano cunha fácil vitoria diante dun Sporting Rabadense por 6 a 1 que amosou no Municipal de Viveiro o por qué da súa situación na táboa.

Destacar o magnífico aspecto que presentaba a grada do pavillón municipal cun gran ambente e repleta de xiadeiros que animaron ao equipo en todo momento e disfrutaron coa evolución das xogadoras locais que dominaron o partido dende o pitido inicial amosando unha clara superiridade sobre o equipo visitante, tendo o control do partido en todo momento e facendo disfrutar a afición cun xogo de toque e combinacións rápidas que unha e outra vez facían que se achegaran a portería rival con moito perigo e sen pasar ningún tipo de apuros en defensa.

A primeria metade concluiu cun claro 3-0 a favor das locais, e na reanudación a tónica do partido seguiu polos mesmos derroteiros, e si a goleada non foi maior foi polo acerto da gardamallas rival.

No último minuto as visitantes lograron o gol da honra, nun partido que non tivo mais historia que disfrutar do bo xogo local, a espera dun final da primeira volta moi esixente, posto que o sábado visitaranos o Relua Xermada, cuarto clasificado e pecharemos a primeira volta visitando a pista do Adarve lugués, segundo clasificado.

Viveiro FSF 6 – Sporting Rabadense 1
Viveiro FSF.: Diandra, Nerea, Xiana (1), Marta (2) y María (1). Tamén xogaron.: Mery, Andrea, Raquel e Rocio (1)

Sporting Rabadense.: Diana, Lucia, Ivana, María (1), Sandra. Tamén Xogaron.: Alicia, Ana, Laura.

Exit mobile version