Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo reprocha que o alcalde busque confundir aos veciños “coas súas medias verdades”

Mondoñedo 14 de xaneiro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo reprocha que o alcalde queira confundir aos veciños “coas súas medias verdades”, que segundo explican dende o partido “en moitas ocasións son máis criticables que as propias mentiras” e que demostran que a Orlando González, “só lle interesa a LU-124 para facer política”.

Os populares fixeron estas declaracións logo das vertidas polo nacionalista froito dun plantexamento “demagóxico e ata hipócrita”, matizan dende o partido. Deste xeito, o PP aclara que o partido no 2011 o que dixo, e así se recolle na acta plenaria, foi que o arranxo da LU-124 non se entendía illadamente da A-8.

Unha proposta inmaterializable no 2011
O PP explica que daquela o proxecto da transcantábrica estaba a sufrir modificacións no seu enlace a través da LU-124 coa localidade de aí que primeiro sería na parroquia do Carme, despois en Lindín, -tal e como se pode comprobar nas propias declaracións do alcalde recollidas nos medios-, e ultimamente no lugar de Curros, en Santa María Maior.

Polo tanto, os populares explican que se estaba ante unha proposta do equipo de goberno inmaterializable daquela e que a diferenza do que fixo o bipartito local, o PP optou por procurar primeiro unha solución para que a autovía prexudicase o mínimo a Mondoñedo.

O PP leva moito tempo a traballar para que se materialicen as melloras necesarias que permitan subsanar os problemas ocasionados polas obras da Autovía, de aí a moción que vén de rexistrar na que pide que se faga seguimento das complementarias da A-8 e que a maiores se arranxe a LU-124, toda vez que esta vía se converta nun enlace para a localidade.

A Orlando González só lle interese a LU-124 para facer política
Os populares recriminan que ao rexedor local só lle interese a LU-124 para facer política. Tanto é así que durante a sesión plenaria de 2011, o PP reprochoulle ao nacionalista a falta de traballo unha vez que o bipartito da Xunta recibiu un proxecto elaborado durante o goberno de Manuel Fraga para a mellora desta estrada autonómica.

Os populares pregúntanse polas xestións promovidas por Orlando González na defensa dos intereses dos veciños, e lembran que tivo que ser o Partido Popular quen plantea agora unha moción para o arranxo da LU-124, toda vez que se converta en enlace para o municipio.

O PP pregúntase que fixo o alcalde para arranxar os problemas da A-8
Os populares pregúntase onde se atopaba o alcalde cando o PSOE estaba no goberno en Madrid, xa que o nacionalista non foi quen de velar polos intereses dos veciños; tendo que ser o Goberno de Mariano Rajoy o que aprobe agora un plan complementario para solucionar os problemas ocasionados polas obras da autovía.

O PP agradece o traballo do actual goberno Central e explica que este plan complementario recolle actuacións na LU-124; e unha vez que estas obras se materialicen, os populares urxen á Xunta a que realice os acometidos restantes.

Agora Orlando González “quere dar a imaxe de que lle preocupa o estado desta estrada”, matizan os populares, ao que engaden que a incoherencia do alcalde chega ao punto de que o nacionalista optaba polo enlace coa autovía na Xesta e agora, cambia de opinión.

Exit mobile version