Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo, a través da Comisión de Muller, expresa a súa máis enérxica repulsa ante o caso de violencia de xénero que rematou coa vida de dúas mulleres en Cervo

Lugo, 15 de xaneiro de 2014.- O PP de Lugo, a través da Comisión Provincial de Muller, desexa facer pública a súa máis enérxica repulsa e o seu total rexeitamento ante calquera caso de violencia de cara ás mulleres.

O Partido Popular de Lugo quere trasladar o seu máis sentido pésame á familia de Adela e Mª José, ámbalas dúas, veciñas da zona da Mariña Lucense que foron atopadas sen vida e con signos de violencia na súa casa en Cervo.

A Comisión Provincial de Muller do PP en Lugo coordinada pola edil no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, salienta que a morte dunha muller é tan só a punta do iceberg de todo o sufrimento que padecen as vítimas de violencia de xénero, polo que piden á sociedade que non permanezan impasibles ante calquera evidencia dunha mostra desta lacra social da que son vítimas fundamentalmente mulleres e nenos de calquera idade e condición social.

Exit mobile version