Site icon Crónica3.com A Mariña

O Festival da Protectora de Animais de Foz recadou preto de 500 euros

Cheo total no primeiro Festival que organiza a Protectora de Animais de Foz para recadar fondos que comezou coa actuación do grupo Feitizo Animación.

O Mago Pi, o Mago Paredes e a música de Jhony e Ramón completaron o programa do festival que tivo como momento máis emotivo a homenaxe da xente da protectora a Tinina, Tina García Díaz, alma mater desta asociación, traballadora incansable e responsable do significado da protección dos animais, que deixa a directiva da Asociación pero non as súas gañas de seguir colaborando e axundando. Tinina comezou a súa andadura nos inicios da asociación fai máis de 30 anos aínda que traballou máis activamente nos últimos 10; polo que todos os membros da Asociación agradecen profundamente a súa aportación “imprencindible”.

As entradas costaban 3 euros para adultos e 1 euro para nenos polo que a recadación rondou os 500 euros, coa axuda tamén das rifas e aportacións particulares que merecen o agradecemento pola “sensibilidade coa Protectora de Animais de Foz”.

Exit mobile version