Burela, 7 de xaneiro de 2013. A Concellería de Servizos Sociais de Burela informa que está aberto o prazo de solicitudes de prazas para as quendas do programa de termalismo de IMSERSO.
As datas para presentar ditas solicitudes rematan o 16 de xaneiro para as quendas dos meses comprendidos entre febreiro e agosto e o 16 de maio para as quendas de setembro a decembro.
Desde a Concellería de Servizos Sociais explican que “poderán beneficiarse deste programa as persoas pensionistas do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións unicamente cando a persoa solicitante cumprira 60 anos de idade”.
Para máis información e trámite os interesados deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de 8 a 15 horas.