Ribadeo, 13 de xaneiro de 2014. O Concello de Ribadeo vai solicitar a celebración na vila dun curso para obter o certificado de lingua galega (Celga 2). Para iso ábrese unha lista de preinscrición, na que se poden apuntar os interesados contactando co orientador laboral municipal no teléfono 982.128.650 ou a través do correo electrónico olribadeo@gmail.com.
Está aberto a calquera persoa interesada e especialmente aos que precisen deste certificado para acceder ás administracións públicas e aos que dispoñan da titulación para acceder aos cursos formativos vinculados aos novos certificados de profesionalidade do nivel 2, pero que non teñan o galego.
Cando se faga a convocatoria oficial de dito curso solicitarase a súa celebración en Ribadeo cos preinscritos que se apunten. O ano pasado fíxose este mesmo curso e tivo un éxito de participación importante, segundo lembrou a Concellaría de Desenvolvemento Local ribadense.