O Concello de Cervo ven de decretar tres días de loito oficial entre as 19.00 horas do martes ata as 19.00 horas do venres 17 de xaneiro tralo falecemento de “María José Suárez López e María Adela López Ramos, dúas veciñas moi vinculadas ao concello e moi queridas por todos como vítimas de violencia de xénero”.
Ante este suceso, a alcaldía acordou este tempo de loito no que a bandeira municipal permanecerá a media asta e con crespón negro.
Ademais, suspéndense os actos públicos oficiais organizados polo Concello de Cervo a través de calquera das súas delegacións, servizos ou departamentos.
Condolencias
Dende o Concello queren “transmitir formar e persoalmente as condolencias a familiares e amigos así como participar nos actos do funeral onde farán entrega dunha coroa floral como recoñecemento do gran pesar que aflixe aos veciños do concello ante tan tráxico suceso”.