Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela súmase á concentración convocada por Bumei

O Concello súmase á concentración convocada pola asociación Mulleres en Igualdade de Burela. Serás ás 20 horas na praza do Concello burelés. O alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e traballadoras municipais vinculadas con este departamento e co CIM desprazáronse este mércores a Cervo para participar na concentración que convocou ese Concello veciño co obxectivo de amosar a súa repulsa polo asasinato de dúas mulleres, nai e filla, cometido este martes en San Cibrao.

Exit mobile version